Atreveríame a dicir que esta sociedade vai tan aló que ata nós mesmos temos un prezo, xa non existe o concepto <<dignidade>>, estamos dispostos a facer locuras ou deixarnos en ridículo a cambio de cartos. Por que? Porque sempre hai algo nas tendas que non temos pero queremos ter. Hoxe en día a nosa prioridade é o consumo, e sempre queremos máis.
A roda da economía está sempre en funcionamento, pero é isto unha novidade? É que antes non sucedera? Temos un claro exemplo no crack do 29, non aprendemos, repetimos os erros. Gastar desmesuradamente e sen pensar nas consecuencias está á orde do día, entendendo por día os últimos séculos.
A presión social é algo co que temos que crecer, aprender a "controlala" e non todos son capaces de conseguilo nunha sociedade na que o consumo identificase co estatus social levándoo ao extremo.
En conclusión, mentres non cheguemos a un cambio na nosa mentalidade no que o consumo esté en equilibrio coas nosas necesidades reais, a nosa capacidade económica sen sobrepasala e cuns valores que sexan fieis á razón humana, a igualdade e ao respeto hacia o noso medio ambiente non conseguiremos realizar un consumo responsable.
Alba Enríquez.