viernes, 1 de marzo de 2013

ARTIGO EN CONTRA: Todo ten un prezo e estaremos dispostos a pagalo.

A todos nos preguntaron algunha vez canto nos custou algún obxecto tras ensinarllo a alguén, feito que probablemente nese intre nos pareceu de mala educación, pero a realidade é que vivimos nunha sociedade na que todo ten un prezo, e o máis importante: estamos dispostos a pagalo. Se de verdade interésanos algo a forma máis doada de conseguilo é ponerlle un prezo, en moitas ocasións non vemos outros valores. Impórtanos máis se un regalo é caro ou se de verdade quen nolo deu o fixo cunha intencionalidade ou pensando en nós, se preocupouse en qué nos gusta ou se simplemente mercou calqueira cousa.

Atreveríame a dicir que esta sociedade vai tan aló que ata nós mesmos temos un prezo, xa non existe o concepto <<dignidade>>, estamos dispostos a facer locuras ou deixarnos en ridículo a cambio de cartos. Por que? Porque sempre hai algo nas tendas que non temos pero queremos ter. Hoxe en día a nosa prioridade é o consumo, e sempre queremos máis. 

A roda da economía está sempre en funcionamento, pero é isto unha novidade? É que antes non sucedera? Temos un claro exemplo no crack do 29, non aprendemos, repetimos os erros. Gastar desmesuradamente e sen pensar nas consecuencias está á orde do día, entendendo por día os últimos séculos.

A presión social é algo co que temos que crecer, aprender a "controlala" e non todos son capaces de conseguilo nunha sociedade na que o consumo identificase co estatus social levándoo ao extremo.

En conclusión, mentres non cheguemos a un cambio na nosa mentalidade no que o consumo esté en equilibrio coas nosas necesidades reais, a nosa capacidade económica sen sobrepasala e cuns valores que sexan fieis á razón humana, a igualdade e ao respeto hacia o noso medio ambiente non conseguiremos realizar un consumo responsable.




Alba Enríquez.