viernes, 1 de marzo de 2013

ARTIGO EN CONTRA: Todo ten un prezo e estaremos dispostos a pagalo.

A todos nos preguntaron algunha vez canto nos custou algún obxecto tras ensinarllo a alguén, feito que probablemente nese intre nos pareceu de mala educación, pero a realidade é que vivimos nunha sociedade na que todo ten un prezo, e o máis importante: estamos dispostos a pagalo. Se de verdade interésanos algo a forma máis doada de conseguilo é ponerlle un prezo, en moitas ocasións non vemos outros valores. Impórtanos máis se un regalo é caro ou se de verdade quen nolo deu o fixo cunha intencionalidade ou pensando en nós, se preocupouse en qué nos gusta ou se simplemente mercou calqueira cousa.

Atreveríame a dicir que esta sociedade vai tan aló que ata nós mesmos temos un prezo, xa non existe o concepto <<dignidade>>, estamos dispostos a facer locuras ou deixarnos en ridículo a cambio de cartos. Por que? Porque sempre hai algo nas tendas que non temos pero queremos ter. Hoxe en día a nosa prioridade é o consumo, e sempre queremos máis. 

A roda da economía está sempre en funcionamento, pero é isto unha novidade? É que antes non sucedera? Temos un claro exemplo no crack do 29, non aprendemos, repetimos os erros. Gastar desmesuradamente e sen pensar nas consecuencias está á orde do día, entendendo por día os últimos séculos.

A presión social é algo co que temos que crecer, aprender a "controlala" e non todos son capaces de conseguilo nunha sociedade na que o consumo identificase co estatus social levándoo ao extremo.

En conclusión, mentres non cheguemos a un cambio na nosa mentalidade no que o consumo esté en equilibrio coas nosas necesidades reais, a nosa capacidade económica sen sobrepasala e cuns valores que sexan fieis á razón humana, a igualdade e ao respeto hacia o noso medio ambiente non conseguiremos realizar un consumo responsable.




Alba Enríquez.

3 comentarios:

  1. Este artigo reflexa de forma ordenada, e o máis importante, ben argumentada do consumo irresponsable que levamos a cabo. Comparto as mesmas opinions, creo que actualmente todo ten un prezo que estariamos dispostos a pagar e que como dicides xa non existe a dignidade se estamos a falar de cartos, e iso e algo que soa moi triste. En canto a aprender dos erros coincido convosco en que non o facemos xa que en canto podemos vivimos por riba das nosas posibilidades, causa principal das crises economicas.
    Creo que este artigo pode facer reflexionar a moitas persoas, feito importante na situacion que atravesamos, xa que a concienciacion e un factor que tedes moi en conta e do que moita xente deberia aprender. EXCELENTE TRABALLO! Seguide asi!

    ResponderEliminar
  2. Vendo a resposta anterior, non podo estar mais dacordo coa sua opinion. Como ben dis, Alba, non existe o concepto "dignidade" na nosa sociedade e todo ten un prezo, tamen nos, na nosa actualidade. Excelente proposta como critica ao consumismo existente hoxe en dia. Noraboa e a seguir asi!

    ResponderEliminar
  3. Un gran artigo que nos recorda que existen máis cousas cas que se poden comprar e que non deixemos que os cartos dirixan a nosa vida e compren a nosa dignidade.

    ResponderEliminar